Xornada etnográfica e fornada tradicional en Niñodaguia
Xornada etnográfica e fornada tradicional en Niñodaguia
Oleiros da zona homenaxean o seu oficio nun momento en que resulta difícil topar remuda
Hai décadas había ducias de oleiros en Niñodaguia, agora sobran dedos dunha man para contar os artesáns que manteñen vivo o oficio.
Por iso celebran cada ano unha festa etnográfica, unha fornada tradicional nos fornos comunais que se utilizaban hai xa case un século.
En carro levaban daquela a súa mercancía para vendela en Xinzo, Baltar, A Cañiza ou Lalín. Din que aínda hoxe non hai lugar onde se atope olería coma esta.
Este sábado é día de festa pero tamén de homenaxe a un oficio para o que -aseguran- resulta difícil atopar remuda. Consideran que toca adaptarse aos tempos e, sen renunciar ao tradicional, buscar novos camiños.
Nas súas mans conservan un oficio cheo de historia, a dun pobo oleiro que loita por dar a coñecer e manter vivas as súas tradicións.