Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fiscal antidroga de Pontevedra advirte: "Están introducindo unha cultura de violencia que antes non tiñamos"

O fiscal antidroga de Pontevedra advirte: "Están introducindo unha cultura de violencia que antes non tiñamos"

Narcotráfico, violencia e crime organizado, a debate na Academia Galega de Seguridade

G24.gal 04/10/2023 14:50

"Nos últimos tempos estase a detectar un incremento moi preocupante, moi perigoso, de episodios de violencia, non soamente entre os narcotraficantes, que desgraciadamente coñecemos dende tempos históricos, senón tamén destes contra as forzas e corpos de seguridade e incluso contra sociedade", apunta Fernando Alonso, xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico. 

É unha realidade xa incontestable a extrema violencia que cada vez máis se detecta arredor do narcotráfico e a sensación de impunidade coa que actúan as bandas.

"Detéctase o contacto, cada vez o contacto entre as organizacións criminais locais con organizacións estranxeiras, están introducindo unha cultura de violencia que antes non tiñamos aquí, incrementaron as incautacións de armas nos rexistros e as loitas entre os distintos grupos criminais por controlar as canles de tráfico de droga", afirma Servando Caíño, fiscal antridroga de Pontevedra.

"E preocúpanos especialmente que esa tendencia de extrema violencia que se está dando xa en determinados lugares de Europa e con máis incremento tamén no sur de España, termine por chegar aquí", continúa o xerente da Fundación Galega contra o narcotráfico. 

É unha problemática global que necesita tamén un enfoque transversal e multidisciplinar, de aí a participación nesta xornada de todas as institucións que traballan na loita.

"Temos un antigo Valedor do Pobo, fiscais, membros das forzas e corpos de seguridade tanto Policía Nacional como Garda Civil, membros da Policía Local", explica Fernando Adarraga, policía local de Ourense.

Por iso é tan importante "que sigan formándose, que sigan intercambiando experiencias e, sobre todo, que cada vez sexa máis eficaz esa loita contra o narcotráfico e contra a súas consecuencias, que sempre é unha preocupación social", comenta Diego Calvo, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade