Xosé M. Merelles: "Traballamos na diferenciación dos destinos turísticos, na innovación e dixitalización"
Xosé M. Merelles: "Traballamos na diferenciación dos destinos turísticos, na innovación e dixitalización"
Xosé M. Merelles: "Traballamos na diferenciación dos destinos turísticos, na innovación e dixitalización"
Os viaxeiros estadounidenses, foco da estratexia turística da Xunta ata 2030, segundo o director de Turismo de Galicia
Estima que a finais do mes de xuño estea lista a estratexia turística 2024-2030, oído o sector
O director de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles, asegura nunha entrevista na Radio Galega que a Xunta pon o foco nos viaxeiros estadounidenses na súa estratexia turística ata 2030. Segundo afirmou no Galicia por diante fin de semana, o plan de actuación para os próximos anos aposta ademais pola "diferenciación dos destinos turísticos dentro de Galicia" , "a innovación" e a sustentabilidade. Merelles estima que a finais do mes de xuño estea lista a estratexia turística 2024-2030 tras oír o sector.
"Estamos traballando no fomento da diferenciación dos destinos turísticos dentro de Galicia, da innovación e da dixitalización, na internacionalización (...), o reequilibrio territorial da actividade turística e a mobilidade".
Con respecto ao Camiño de Santiago, que conta co seu propio plan, Merelles sinalaba que a monitorización permanente que fai a Xunta apunta a que non hai risco de masificación e a que aínda hai marxe de crecemento. Nese senso, o responsable de Turismo da Xunta sinalou que de cara aos próximos anos o foco estará en atraer turistas norteamericanos. O ano pasado, lembrou os primeiros peregrinos, que o percorreron a Ruta Xacobea foron viaxeiros estadounidenses.