Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xubílase a maxistrada María Teresa Conde-Pumpido

Xubílase a maxistrada María Teresa Conde-Pumpido

Leva máis de 40 anos traballando na xustiza galega

G24.gal 09/01/2023 19:43

A maxistrada María Teresa Conde-Pumpido cesa hoxe na súa praza por xubilación.

Conde Pumpido leva máis de 40 anos traballando na xustiza galega, entre a avogacía, a maxistratura e o Consello Consultivo.

Naceu en Pontevedra no ano 1951, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e avogada en exercicio en Vigo desde 1977.

En 1984, e ata 1989, ostentou a Presidencia da Confederación Estatal de Avogados Novos e no ano 1994 accedeu ao cargo de maxistrada pola cuarta quenda de xuristas de recoñecido prestixio.

Desde novembro de 2005 ocupa praza de maxistrada especialista na Sala do social do TSXG.

Forma parte da asociación progresista Xuíces para a Democracia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade