Xullo entra con melloría do tempo nas Rías Baixas e no interior
Xullo entra con melloría do tempo nas Rías Baixas e no interior
As temperaturas chegarán mañá aos 31 graos en Ourense e aos 30 en Pontevedra
No norte do país deixa de chover e as temperaturas achegaranse aos 23 graos
Levamos un par de meses esperando por un verán que non dá chegado. Nesta fin de semana de inicio de vacacións, polo menos para os cativos, a chuvia reapareceu en boa parte do país.
As temperaturas máximas na costa pouco subiron hoxe dos 20 graos. No interior chegaron aos 25 en Ourense e incluso os 28 en Leiro, pero esta inestabilidade atmosférica non parece que espante o turismo.
As predicións din que xullo comeza mañá con tempo seco e tardes de sol. Que as temperaturas serán incluso elevadas nas Rías Baixas, con 27 graos en Vigo, 30 en Pontevedra e que Ourense chegará xa aos 31.
Polo norte, as nubes aínda se manteñen. A Coruña e Ferrol non soben dos 23 graos e Santiago tampouco, pero poderanse gardar os paraugas porque a previsión non deixa auga en todo o país por uns días.