Cargando resultados...
XXXI Festa do Caldo de Ósos en Taboada
XXXI Festa do Caldo de Ósos en Taboada
A vila luguesa recupera plenamente a súa festa tras a pandemia
G24.gal
19/02/2023 19:20
Última actualización 19/02/2023 19:33
Os bares en furgonetas para poder acoller a todos cantos viñeron probar o caldo e unha exhibición de cociña son algunhas das novidades da trixésimo primeira edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que enxalza a gastronomía tradicional desta zona.
Este domingo en todos os restaurantes de Taboada só se servía caldo de ósos, podía ser como degustación ou ben como parte do menú.
Caldo de primeiro, costela de segundo e lambonadas de Entroido compoñían o menú que se ofreceu hoxe en calquera restaurante de Taboada por 25 euros.
Con esta festa recupérase unha tradición que esmorecera pola pandemia.