Especialistas de oncodermatoloxía insisten en Santiago nos perigos do sol
Especialistas de oncodermatoloxía insisten en Santiago nos perigos do sol
Os membros do Grupo Español de Dermato-Oncoloxía e Cirurxía abordan os últimos avances e tratamentos sobre un dos cancros máis frecuentes
Son en total máis de 600 dermatólogos, oncólogos e cirurxiáns que insisten hoxe en Santiago na necesidade da prevención primaria para reducir a incidencia galopante do cancro de pel.
"O carcinoma basocelular, que é o cáncer máis frecuente da raza branca, non existe sen exposición ao sol, pero é como predicar no deserto, a xente non nos fai caso: non usan fotoprotector, toman o sol ao mediodía e aínda completan nos solarios coas máquinas de UVA", lamenta Hugo Vázquez Veiga, dermatólogo e responsable local do encontro.
No encontro, que este mediodía inaugurou o conselleiro de Sanidade, fálase tamén de novos tratamentos inmunoncolóxicos e novas técnicas cirúrxicas.
"Temos algúns servizos de dermatoloxía que son referente para cirurxías complexas, como a cirurxía de Mohs, que se fai aquí en Galicia. En definitiva esta é unha xornada importante para a Consellería de Sanidade", declarou ao medios o conselleiro Julio García Comesaña.
O encontro segue mañá e reúne en Santiago os principais especialistas do Estado.