A autovía do Morrazo segue cortada en dirección Cangas

O peche é á altura de Domaio por un desprendemento de terra 

G24.gal 06/11/2023 16:43

A comarca do Morrazo sufriu especialmente as consecuencias da borrasca Domingos. A peor parte levárona as estradas, que sufriron corrementos de terras e caídas de árbores.

No caso da AG-46, permanecerá pechada, polo menos, ata este martes en sentido Cangas. Houbo que cortar os carrís para permitir o paso da maquinaria especial para limpar a estrada dos restos da borrasca Domingos. 

Como consecuencia do peche, na estrada alternativa, a PO-551, en Domaio, rexistrou importantes retencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade