A hostalería de Santiago satisfeita con que a instrución de seguridade se limite á prevención de incendios

A orde de inspección provocara as críticas do sector nas últimas semanas

G24.gal 29/11/2023 16:45 Última actualización 29/11/2023 17:54

O Goberno municipal de Santiago de Compostela e representantes do sector hostaleiro achegaron posturas este mércores nunha reunión na que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, lles trasladou que as inspeccións de seguridade dos locais se limitarán a examinar as medidas contra incendios e evacuación.

A instrución de inspección provocara as críticas da hostalería santiaguesa nas últimas semanas, pero tras o encontro desta xornada as dúas partes achegaron posturas e o sector quedou satisfeito co compromiso da alcaldesa.

Na reunión, o sector hostaleiro confirmou a súa participación na campaña 'Fala baixiño', que ten por finalidade reducir o ruído na rúa; unha iniciativa que se vai presentar este venres.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade