A Igrexa esixe unha revisión da enquisa do Defensor do Pobo sobre abusos
A Igrexa esixe unha revisión da enquisa do Defensor do Pobo sobre abusos
A institución expón o seu malestar pola "extrapolación maliciosa" dos datos recollidos pola enquisa
Apenas hai un mes dende que o Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, recibiu os resultados de GAD3 sobre a enquisa para elaborar un 'Informe sobre os abusos sexuais no ámbito da Igrexa católica e o papel dos poder públicos'. A enquisa sinala que un 1,13 % dos españois sufriu abusos no ámbito relixioso e un 0,6 % por parte dun sacerdote ou relixioso. Agora, a Igrexa rexeita a "veracidade e fiabilidade dos resultados", debido a súa extrapolación "maliciosa" á poboación española total.
O presidente da Conferencia Episcopal, Juan José Omella, pronunciose sobre tales resultados na Asemblea Plenaria da conferencia. Este esixiu unha "revisión exhaustiva e imparcial dos datos, para corrixir calquera nesgo que puidese extrapolarse de maneira maliciosa", pois tras ler o informe consideran imposible confiar na fiabilidade dos resultados.
Ademais recalca que todo isto xerou unha "imaxe prexudicial" da Igrexa.
"O único certo e contrastado é que o Defesor do Pobo recolleu 373 testemuños que se refiren a 487 vítimas", engadiu. Recordou tamén que Ángel Gabilando dixo que non se podía facer esa extrapolación de datos. Os bispos reiteran que non se poden extrapolar a cifra de 0,6 % se a marxe de erro da enquisa é do 1,1 %
Omella destaca que non se pretenden escusar o xustificar de calquera responsabilidade e expresou a súa "pesadume" polos abusos e pide perdón a todas as persoas afectadas:
"Non hai palabras para expresar canto lamentamos a súa dor, así como a traizón cometida por parte dalgúns membros das nosas comunidades".