A autopsia da muller morta en Nogueira de Ramuín non é concluínte

A muller que foi atopada semiespida, ferida e inconsciente, residía na aldea de Requeixo coa súa parella, un home de orixe británica

G24.gal 07/12/2023 10:24 Última actualización 07/12/2023 21:52

A muller que este mércores falecía no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), logo de ser atopada semiespida, ferida e inconsciente nunha pista do concello de Nogueira de Ramuín, vivía desde hai tan só uns dous anos nesta vila ourensá.

Trátase dunha muller de 62 anos, natural de Ucraína, e que residía nunha casa da aldea de Armariz, canda a súa parella sentimental, un home de orixe británica, xa xubilado.

Segundo relata a veciñanza, tiñan pouca relación coa xente da zona, posiblemente, e entre outras cousas, polas dificultades co idioma.

Armariz está a uns cinco quilómetros do lugar onde foi atopada por un veciño que a encontrou tendida no chan na estrada, espida da cintura para arriba e malferida. Tiña un golpe na cabeza.

Con todo, seguía viva e foi trasladada ao CHOU, onde pouco despois faleceu pola gravidade das feridas que presentaba e a hipotermia, xa que no lugar do suceso as temperaturas eran moi baixas e descoñécese o tempo que levaba alí.

A Policía Xudicial da Garda Civil fíxose cargo da investigación e nestes momentos analizan as probas atopadas e repasan os testemuños que este mércores recolleron na zona, entre eles no propio domicilio da vítima onde este mércores permaneceron durante aproximadamente hora e media. 

Este xoves, os axentes volvían interrogar varios veciños da zona en busca de pistas. Os resultados da autopsia non foron concluíntes,

O caso lévao o Xulgado de Instrución número 1 de Ourense. A vítima non estaba no sistema VioGén de protección de vítimas da violencia machista. Os investigadores non descartan polo momento ningunha hipótese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade