Abanca obtén un beneficio atribuído de 428,6 millóns de euros ata setembro
Abanca obtén un beneficio atribuído de 428,6 millóns de euros ata setembro
Supón un incremento do 200,8 % respecto aos 142,5 millóns do mesmo período de 2022
A entidade presenta ao peche do trimestre un cociente de morosidade do 2,3 %
Abanca obtivo un beneficio atribuído de 428,6 millóns de euros nos nove primeiros meses do exercicio, o que supón un incremento do 200,8 % respecto aos 142,5 millóns do mesmo período de 2022, segundo informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores.
O positivo desempeño da entidade, que situou o seu cociente de rendibilidade no 13 %, sustentouse no dinamismo do negocio retail e no seu sólido perfil financeiro. A marxe de xuros da entidade que preside Juan Carlos Escotet aumentou un 62,9 %, ata os 874,1 millóns de euros.
A entidade presenta ao peche do trimestre un cociente de morosidade do 2,3 % e un nivel de cobertura para estes activos do 75,3 %. O custo do risco mantense controlado, nun nivel do 0,24 %.
Abanca reforzou o seu posicionamento como entidade de dimensión ibérica. A entidade captou no conxunto de España e Portugal máis de 96.000 novos clientes, gañando cota de mercado nos principais territorios e negocios.
A adquisición de Targobank reforza a presenza da entidade no arco mediterráneo e Andalucía. Ademais contribuirá a fortalecer liñas estratéxicas do negocio retail, como o crédito e os seguros, a xerar sinerxías en negocios estratéxicos como medios de pago, fóra de balance ou venda libre de seguros, e a incrementar a recorrencia e calidade do resultado.