Acumúlanse os atrancos para circular pola A-6
Acumúlanse os atrancos para circular pola A-6
O tráfico volve atravesar polo centro de Pedrafita do Cebreiro.
Os condutores están indignados con mal estado do firme.
Circular pola autovía do Noroeste ao seu paso pola provincia de Lugo é unha carreira de obstáculos.
"Realmente é como un camiño de cabras. Está todo cheo de fochancas, desvíos, obras... é unha auténtica vergoña".
O mal estado que presenta a calzada indigna os condutores.
"Non é normal como está o firme, dá pena. Leva así dous ou tres anos, e en vez de amañalo cortan o carril".
Ademais por mor das obras todo o tráfico volve circular de novo polo centro de Pedrafita, ante a resignación dos condutores.
"O de Pedrafita xa se sabe, ata que non constrúan a ponte imos estar aí outros 10 anos".
A avaría dun camión na subida á vila colapsou de novo o tráfico, sumándose á lista de atrancos que presenta esta estrada.
"Está de pena, a zona de Galicia ata Astorga dá medo pasar por aí".
E as previsións non son boas ante a chega das xeadas e a neve.
"Imaxínate cando neve seguramente xa non se pode pasar, cortarán porque solo hai un carril para cada lado. As máquinas e todo fan aí os atascos e hai que cruzar a vila
Entre tanto, en Becerreá continúa cortado o tramo da A-6 onde se produciu un desprendemento hai máis dun mes. Agora é un guindastre de grandes dimensións o que traballa na zona asegurando a ladeira.