Alerta polo calote dos 6 díxitos do WhatsApp
Alerta polo calote dos 6 díxitos do WhatsApp
Os delincuentes fanse coa conta e poden cometer delitos en nome do estafado
O calote dos 6 díxitos esténdese como a escuma. Primeiro suplantan un dos teus contactos. Ese suposto amigo diche que por erro deu o teu número de teléfono, que che van mandar un código de verificación e tes que reenviarllo. Así comeza a perda total da túa conta de WhatsApp.
O estafado métese nun grave problema. Tras o envío dos números os delincuentes teñen toda a liberdade para actuar no seu nome.
Este calote súmase a outros moitos, como cando nos piden premer nunha ligazón ou aquel en que un suposto familiar che pide cartos. Ante tanta estafa os cidadáns séntense indefensos.
Todos estamos a mercé dos ciberdelincuentes. Por iso a policía recomenda precaución, e sobre todo non enviar ningún tipo de códigos nin contrasinais e, en caso de sufrir a estafa, avisar os contactos e denuncialo.