Cargando resultados...
Aprehenden 600 quilos de cocaína en Valencia
Aprehenden 600 quilos de cocaína en Valencia
A droga chegara de Centroamérica en barco
A Garda Civil detivo oito persoas na operación
G24.gal
26/11/2023 19:15
Última actualización 26/11/2023 20:07
A Garda Civil foi alertada desde Centroamérica do envío da droga por mar, agochada nun colector. Seguíronlle a pista e interceptárona cando os oito detidos ían recollela nun polígono da localidade de Quart de Poblet, en Valencia.
"Durante a operación, un dos detidos sufriu a amputación dun dedo que lle quedou atrapado nunha escaleira cando trataba de escapar da Garda Civil", informa unha voceira da Garda Civil.
Os detidos formarían parte dunha rede dedicada ao tráfico internacional de drogas. Levaban 4.000 euros e unha arma de fogo.