Detidos dous axentes do CNI por filtraren información reservada

Un xulgado de Madrid abriu unha causa contra eles por unha suposta revelación de informes clasificados aos Estados Unidos

G24.gal 04/12/2023 21:33 Última actualización 04/12/2023 21:42

Dous axentes do Centro Nacional de Intelixencia foron detidos por unha suposta revelación de segredos. Un xulgado de Madrid investiga a causa contra os dous axentes por presuntamente filtraren información clasificada aos Estados Unidos.

Segundo algunhas fontes un deles xa podería estar en prisión. A ministra de Defensa Margarita Robles confirmou a existencia deste procedemento, que se encontra baixo segredo.

"Hai un procedemento xudicial. É un procedemento xudicial duns feitos que o propio CNI denunciou, e ese procedemento xudicial é secreto e polo tanto non podo dicir máis nada", confirma a ministra de Defensa Margarita Robles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade