Detido en Huelva por difundir propaganda do Daesh
Detido en Huelva por difundir propaganda do Daesh
Exercía unha forte influencia ideolóxica e relixiosa sobre os musulmáns da súa comunidade
A Garda Civil detivo en Lucena del Puerto, Huelva, un home pola súa presunta relación con delitos de terrorismo, tras comprobar que utilizaba internet para mostrar o seu interese en favor das teses xihadistas da organización terrorista Daesh.
Mediante a creación de numerosas contas en redes sociais, o agora detido participaba en grupos e canles co obxectivo principal de divulgar contidos xihadistas de aparellos de propaganda oficial da devandita organización.
Nese proceso de inmersión relixiosa adoutrinaba nas teses máis radicais do Daesh e relacionábase con persoas condenadas por integración en organización terrorista en España.
Expandía o ideario xihadista a través dos discursos e sermóns que impartía nos oratorios ou mesquitas da localidade de Lucena del Puerto, onde exercía de líder espiritual como imán non oficial.
No rexistro domiciliario na localidade de Lucena del Puerto, atoparon evidencias que acreditan a súa participación nas actividades delituosas.
O xulgado decretou o seu ingreso en prisión.