Doces de Nadal con todo o sabor dos tradicionais para persoas con intolerancias
Doces de Nadal con todo o sabor dos tradicionais para persoas con intolerancias
Cada vez hai máis opcións de encargar sobremesas artesás co mesmo sabor e textura das tradicionais
A celiaquía da filla levou a Marta a abrir o seu negocio da Coruña hai tres Nadais. Panadería, pastelería e cafetería con menús dentro dun mesmo concepto cunha gran demanda social: produtos sen glute e sen lactosa.
Cara ao Nadal os seus produtos remataron co crebacabezas que supuña organizar un menú seguro, con sobremesas igual de saborosas ca as tradicionais para toda a familia ou reunión. Asegura que o 80 % dos seus produtos teñen o mesmo sabor e textura ca os tradicionais. E así o corrobora a clientela.
Galletas, polvoróns, roscas de Reis e tortas por encargo, que fan á medida de calquera intolerancia ou alerxia artesanalmente no seu obradoiro.
Por unhas doces festas máis inclusivas e máis felices para todos.