Dous anos sen carné e unha multa de 300 euros para o culpable do atropelo mortal de Vilaboa

Os feitos remóntanse ao 17 de febreiro, cando o condutor perdeu o control do vehículo e bateu contra a terraza dun bar

O coche bateu contra a terraza dun bar O coche bateu contra a terraza dun bar
G24.gal 01/12/2023 12:27

Dous anos sen carné e unha multa de 300 euros é a condena imposta ao responsable do atropelo mortal nunha terraza de Vilaboa, ocorrido o 17 de marzo. Así o dita o xulgado de Cangas, que impón esta sentenza ao consideralo autor dun delito leve de homicidio por imprudencia.

O home trataba de aparcar o coche, pero perdeu o control do vehículo e bateu contra a terraza do bar levando por diante a mesa en que xogaban a partida catro veciños.

Dous dos homes que estaban alí faleceron, mentres que outros dous só quedaron feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade