Dous panadeiros residentes en Galicia, finalistas ao Premio Nacional á Excelencia Panadeira

É un galardón da Baker School BCN Sabadell e o gremio de panadeiros de Barcelona

Bolería francesa feita por Álex Arrieche na Bulanxerí, en Santiago
G24.gal 27/10/2023 21:05 Última actualización 27/10/2023 21:28

Van ser tres días extenuantes, 6, 7 e 8 de novembro, cunha proba teórica e dúas prácticas para crear e elaborar un bufete que mereza o Premio The Baker á excelencia panadeira.

Diego Marín, de Pandemonium en Vigo, e Álex Arrieche, da Bulanxerí de Santiago, son conscientes de que calquera detalle será decisivo na final.

De feito, a Álex seleccionárono pola súa precisión e atención ao detalle, o que segundo nos comenta, é o que o identifica, unir estética e sabor.

Diego, tinerfeño, e Álex, venezolano, coinciden á hora de enxalzar a súa profesión e o auxe que vive a panadería.

"Hai quince anos ninguén sabía o que era a masa madre e hoxe veñen darche clases", di Diego.

"Que agora se lle estea dando pulo é significativo para os que nos dedicamos a esta profesión pouco valorada", engade Álex.

Coa Miga de Ouro de Galicia 2022 ás costas, Diego ten claro o verdadeiramente importante da panadería e por que chegan a esta final.

"Traballo, amor, sacrificio e paixón. O difícil é facer un pan de calidade todos os días. Materia prima, bo proceso, cariño e mimo, Ao final, é arte pura o pan"

Álex é o máis novo na final, con formación de cociña, pastelería e panadería. Pero para el, o 60 % da súa creatividade está nas horas de traballo no obradoiro.

Diego confesa ser de pans básicos e Álex vai presentar no bufete unha trenza galega co seu selo.

Os dous están felices xa sexa cal sexa o resultado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade