Cargando resultados...
Os veciños de Nigrán votan entre o dobre sentido ou a dirección única dunha rúa
Os veciños de Nigrán votan entre o dobre sentido ou a dirección única dunha rúa
Os veciños estaban moi divididos e o alcalde decidiu que tomasen a decisión eles
G24.gal
23/11/2023 13:49
68 electores, todos os maiores de 18 anos empadroados no Camiño Bouzavella de Panxón estaban citados hoxe a un referendo para decidir se a súa rúa é de dobre sentido ou de dirección única.
Os veciños estaban moi divididos e o alcalde decidiu que tomasen a decisión eles. Uns priorizan non dar voltas co coche e outros consideran que a vía é moi estreita nalgúns puntos para dous vehículos. A maioría deles considera que non se debería aparcar no camiño.
É a segunda vez que o Concello de Nigrán sonda a opinión dos veciños para tomar unha decisión. O ano pasado preguntou sobre o horario en que podían acceder os cans á praia.