Falece o condutor dun vehículo tras colidir contra un camión en Vilardevós
Falece o condutor dun vehículo tras colidir contra un camión en Vilardevós
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Verín, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil
O condutor dun turismo faleceu este xoves tras unha colisión contra un camión no termo municipal de Vilardevós, en Ourense, segundo informa Emerxencias.
O 112 indica que o sinistro mortal se rexistrou na OU 310 e que o camioneiro necesitou atención médica.
#AXEGAInforma dun accidente mortal en #Vilardevós.
— 112Galicia (@112Galicia) November 23, 2023
O condutor dun turismo resultou falecido tras unha colisión con un camión na OU310.
O camioneiro tamén necesitou atención médica.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros Verín, @guardiacivil de Tráfico, Protección Civil pic.twitter.com/jrfX7mBCV4
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Verín, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
"Eu viña de Verín e, cando cheguei a esta altura, había dous vehículos colisionados: un coche e un camión". Daniel é voluntario de Protección Civil en Vilardevós, pero non estaba de servizo. Circulaba uns quilómetros máis atrás que o camión sinistrado e, cando chegou ao quilómetro 11 da OU310, xa se atopou co tráfico parado.
"O coche invadiu o carril contrario da circulación e embestiu o camión. O do camión dixo que posiblemente lle dera un mareo ou algo, porque non fixo amago de frear. O camión quedou no sitio e o coche apareceu a 100 ou 200 metros máis alá", explica Daniel.
O condutor do turismo faleceu no acto. Tiña 53 anos. Era de Cualedro, pero estaba casado en Vilardevós. O condutor do camión, que tamén é da zona, queixábase dunha perna e foi trasladado ao hospital de Verín.
Ocorreu contra as oito e media do serán, xa de noite, nunha curva limitada a noventa quilómetros.
"Accidentes tan graves non ten habido nunca. Acaba de arranxar a estrada e está limitada a 90, pero hai quen pasa a 100 ou 120", asegura Daniel.
O maior perigo da vía, di, son os animais salvaxes que atravesan frecuentemente a estrada.