Cargando resultados...
Menús de Nadal con sobremesas galegas, artesás e de km 0, sostibles e inclusivas
Menús de Nadal con sobremesas galegas, artesás e de km 0, sostibles e inclusivas
Aumentan as opcións artesás e saudables, innovadoras, de km 0 e aptas para todos
Os Tomesiños, os primeiros polvoróns feitos con manteiga de porco celta
G24.gal
02/12/2023 15:30
Última actualización 01/12/2023 19:57
Aos galegos gústanos a tradición, pero ao mesmo nivel que a innovación, e as sobremesas do Nadal non ían ser menos.
Entre as novidades, destacamos tres ideas: a primeira turronería de Galicia, os primeiros polvoróns da Ribeira Sacra e os doces galegos máis tolerantes, dixestivos por igual para todos. Artesáns e de quilómetro cero, na medida do posible.
Sobremesas de Nadal innovadoras como un turrón de ostras feito en Vigo ou os polvoróns ribeiraos que empregan manteiga de porco celta. Tamén, negocios especializados en adaptar as receitas tradicionais a intolerancias e alerxias.
Un Nadal inclusivo é un doce que nunca amarga a ninguén.