O acusado do crime de Mondariz é declarado culpable

Próbanse as circunstancias atenuantes de alteración psíquica e confesión

Acusado do asasinato Acusado do asasinato
G24.gal 15/11/2023 15:43

O tribunal do xurado declara, unanimemente, culpable a Miguel Ángel G. M., o autor confeso do asasinato do seu veciño de cuarto nun hostal de Mondariz (Pontevedra), José Luis F.F. Os feitos ocorreron en xaneiro de 2021. Ademais, aproba o atenuamento da pena por alteración psíquica e confesión.

Isto tras o xuízo celebrado na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. O propio acusado recoñeceu os feitos e negouse a declarar, polo que as acusacións renunciaron a gran parte da proba prevista.

Segundo reflexa o veredicto, entre a tarde do 17 de xaneiro e a noite do 18 de xaneiro, o acusado foi á habitación da súa vítima co obxectivo de acabar coa súa vida, asestándolle entre 80 e 90 puñaladas cun coitelo de cociña en abdome, cabeza e costas. Imposibilitou así a súa fuxida ou resistencia. Posterior a isto, o acusado levou o corpo ata un alboio anexo ao hospital, onde foi atopado o 22 de xaneiro.

O xurado rexeitou a posibilidade de que se lle suspendera a pena de prisión ou que se lle outorgue o indulto.

Con todo, a Fiscalía e a acusación particular (feita polos irmáns da vítima) manteñen a petición de que o autor dos feitos teña unha condena de 14 anos de cárcere e a prohibición de acercarse ou comunicarse coa familia de José Luis durante 19 anos. A defensa adheriuse a estas peticións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade