O desamor e as artistas femininas como protagonistas dos Latin Grammy
O desamor e as artistas femininas como protagonistas dos Latin Grammy
A edición número 24 celebrouse en Sevilla, sendo a primeria vez que a ceremonia ten lugar en España
O grande evento que tivo o pracer de acoller a cidade de Sevilla deixou un amplo grupo de premiados, 24 en total. Á cabeza deles sitúanse as cantantes Shakira, Karol G e Natalia Lafourcade, con tres premios. Ademais do arxentino Bizarrap e o compositor mexicano Edgar Barrera, que tamén sumaron tres galardóns.
Karol G levou o premio a mellor ábum do ano e mellor álbum de música urbana con 'Mañana será bonito'. Tamén gañou o de mellor fusión/interpretación urbana por 'TQG' con outra das grandes premiadas, Shakira.
A colombiana engadiu os trofeos á mellor canción pop co seu éxitazo 'Shakira: Bzrp Music Sessions, Vol. 53' en colaboración co produtor e DJ, Bizzarrap. Unha canción que rompeu récords, chegando a ser o lanzamento con máis reproducións en 24 h da historia de YouTube. A cantante dedicaba, en parte, o seu premio ao público español.
O arxentino Bizarrap conseguiu xunto ao español Quevedo o premio á mellor canción urbana por 'Quevedo: Bzrp Music Sessions, Vol. 52', outro exitazo que alcanzou cifras considerables en países de todo o mundo.
Barrera fíxose co Latin Grammy a mellor produtor, mellor canción rexional ('unX100to') e compositor do ano. Foi o máis proposto, con 13 candidaturas.
A encargada de abrir as actuacións da cerimonia máis importante da música latina foi, nada máis e nada menos, que Rosalía. Demostrando estar en Sevilla, versionou a Rocío Jurado e quedou á altura.
Entre outros, actuaron Alejandro Sanz co seu mítico 'Corazón partío' e a italiana Laura Pausini con 'Durar', unha canción que relata como volver crer no amor.