O número de gasolineiras de baixo custo cuadriplicouse en Galicia desde 2019

Ao principio, a clientela desconfiaba da calidade do combustible

G24.gal 03/12/2023 13:58 Última actualización 03/12/2023 14:16

En 2019 había 24 gasolineiras de baixo custo en Galicia. Tres anos despois, cuadriplicáranse e rozaban o centenar.  

Co combustible entre 5 e 10 céntimos por litro máis barato que nas gasolineiras convencionais, ligadas ás grandes marcas, os surtidores de baixo custo son os únicos que proliferan. E cada vez con máis traballo.

Cando comezaron a instalarse, moita clientela desconfiaba da calidade do combustible, pero iso xa pasou. Que moitas sexan de autoservizo tampouco desanima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade