O Sergas fai un chamamento masivo para a vacinación contra a gripe nos nenos de entre seis meses e cinco anos
O Sergas fai un chamamento masivo para a vacinación contra a gripe nos nenos de entre seis meses e cinco anos
Serán chamados aos seus hospitais de referencias nas dúas próximas fins de semana
Desde o 16 de outubro, os meniños menores de cinco anos están a vacinarse da gripe nos seus pediatras. Para axilizar o proceso, e que estean inmunizados canto antes, o Sergas prepara un chamamento masivo en dúas fins de semana consecutivas. Están sendo convocados xa por SMS nos seus hospitais de referencia. A intención é facilitarlles aos pais máis comodidades para que poidan acompañalos en días non laborables, pero, se non lles vai ben, tamén poden vacinar os seus nenos posteriormente nos centros de saúde.
"O importante non é só vacinarse, senón facelo a tempo, antes de que o virus circule".
Vacinar os nenos serve para evitar que fagan de transmisión aos maiores, pero, sobre todo, para protexer os máis pequenos das complicacións que pode supoñer esta infección respiratoria.
"Existe a falsa crenza de que o virus da gripe non provoca complicacións nos nenos pero o certo é que a taxa de hospitalización dos menores de catro anos por esta causa é igual ca dos maiores de 65", explicou o xefe de Pediatría do CHUS e experto en vacinas da OMS, Martinón Sánchez.