O verán de San Martiño deixa temperaturas por riba dos 20 graos

Ourense escapa da chuvia que deixa en aviso a Galicia atlántica

G24.gal 13/11/2023 13:59

Se o 2 de novembro foi o día máis frío do mes, con rexistros baixo cero, o san Martiño fixo subir o mercurio por riba dos 20 graos en varias localidades, desde a cidade á comarca do Ribeiro.

O anticiclón instalado sobre e península é o responsable. Bloquea a fronte que ten en aviso por chuvia a Galicia atlántica e fai prevalecer en Ourense o vento cálido do sur.

As noites tamén son máis quentes do habitual por este tempo. A mínima de toda Galicia foi 12 graos en Riós.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar