Cargando resultados...
Oitava noite tensa de protestas contra a amnistía na sede do PSOE en Madrid
Oitava noite tensa de protestas contra a amnistía na sede do PSOE en Madrid
Asistentes con pasamontañas lanzaron botellas de vidro, bengalas e botes de fume contra a policía e profesionais dos medios
G24.gal
11/11/2023 09:22
Última actualización 11/11/2023 09:49
Oitava noite tensa de mobilizacións en Madrid contra a lei de amnistía e os pactos do PSOE cos partidos independentistas. A protesta, diante da sede do PSOE en Ferraz, rematou cunha persoa detida e un xornalista ferido.
Asistentes con pasamontañas lanzaron botellas de vidro, bengalas e botes de fume contra axentes da Policía Nacional e profesionais dos medios. Participaron unhas catro mil persoas, segundo a Delegación do Goberno.