Cargando resultados...
Prisión para un profesor lucense por distribuír pornografía infantil
Prisión para un profesor lucense por distribuír pornografía infantil
A policía atopou no seu ordenador máis de 4.000 arquivos con imaxes e vídeos de contido sexual
G24.gal
31/10/2023 11:09
Envían ao cárcere un profesor lucense acusado de ter e distribuír pornografía infantil. A policía atopou no seu ordenador máis de 4.000 arquivos con imaxes e vídeos de contido sexual. En moitos deles aparecían adolescentes de orixe asiática.
O arrestado é un varón duns 40 anos, casado e con fillos. O feito de que se dedicase á ensinanza e tivese, polo tanto, proximidade a menores de idade, motivou que a xuíza decretara para el a prisión provisional.
A investigación continúa aberta.