Sanidade fai unha recuperación para a vacina da gripe e da COVID-19

Realizará chamadas directas ás persoas maiores de 80 anos que aínda non se vacinaron

G24.gal 08/11/2023 20:45 Última actualización 08/11/2023 20:51

Sanidade vai chamar por teléfono todos os maiores de 80 anos que aínda non se vacinaron da gripe ou da COVID-19. 

Daralles unha cita para inmunizárense contra estas enfermidades nos seus centros de saúde de referencia. A Consellería de Sanidade adopta esta medida tras detectar que aínda son moitos os maiores de 80 que non se vacinaron nesta campaña.

Por este motivo a partir desta semana o Sergas inicia esta campaña de recuperación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade