Cargando resultados...
Tanxugueiras esgotan as entradas para a súa fin de xira na Coruña
Tanxugueiras esgotan as entradas para a súa fin de xira na Coruña
G24.gal
01/12/2023 14:10
Tanxugueiras esgotaron as entradas para a súa fin de xira na Coruña, tras a posta á venda a principios de setembro.
A través dun comunicado, o grupo detalla que o 70 % das localidades se vendeu nas primeiras 24 horas e o resto durante a fin de semana seguinte á súa saída á venda. Agora quedaron esgotadas.
O peche de xira con O derradeiro diluvio será o 16 de decembro no Coliseum da Coruña, nun concerto en que haberá artistas invitados como Rayden, Rozalén, Mordo, Guadi Galego e Valeria Castro, ademais de Mondra, que abrirá o espectáculo.