Hospitalizadas tres persoas tras inhalar fume nun incendio en Cambre

Son dous axentes da Garda Civil e unha muller que pedía auxilio logo de declararse un lume na súa cociña

G24.gal 09/12/2023 13:06 Última actualización 09/12/2023 13:57

Unha muller e dous gardas civís tiveron que ser evacuados a un centro hospitalario tras inhalaren fume no incendio dunha vivenda en Cambre, na parroquia de Amorne.

Os axentes tiraron a porta abaixo para sacar a muller, que berraba pedindo auxilio. O lume declarouse na noite do venres na cociña da casa, situada no baixo dun edificio da rúa da Constitución.

A veciñanza quedou confinada ata que os bombeiros de Arteixo lograron sufocar o lume. As lapas provocaron importantes danos materiais na estancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade