En tren pola costa: Ribadeo-Oviedo, 134 quilómetros que levan máis de catro horas
En tren pola costa: Ribadeo-Oviedo, 134 quilómetros que levan máis de catro horas
A infraestrutura non permite que o ferrocarril circule a máis de 80 km/h pero a realidade fai que nin sequera se poida chegar a esa velocidade
Ás once e media da mañá é hora de máxima actividade na estación de FEVE de Ribadeo, cando se xuntan os trens procedentes de Ferrol e Oviedo. A súa velocidade máxima permitida polas características da vía é de 80 quilómetros hora, que poucas veces se alcanzan porque hai moitos tramos limitados a 50 e 60, ou aínda menos, debido ás limitacións temporais que se impoñen cando a vía está en mal estado.
De feito, os 134 quilómetros que separan Ribadeo de Oviedo fanse en catro horas e media. Os 132 quilómetros que separan Ribadeo e Ferrol fanse en tres horas e dez.
Os turistas son os que realmente desfrutan destas viaxes en tren. Un alemán conta que empezou onte en Bilbao a súa viaxe a Ferrol, e vai encantado. Para outra británica, a lentitude deste tren é unha oportunidade de gozar da paisaxe.
Ben para os que non teñen presa, pero mal para os veciños da costa que precisan desprazarse dunha localidade a outra por traballo ou citas médicas, por exemplo.