Cinco encoros da zona Galicia-Costa están ao 100 % de ocupación

A media das dezanove presas da demarcación hidrográfica roza o 91 %

G24.gal 12/11/2023 14:23 Última actualización 12/11/2023 17:02

O encoro de Eiras desaugou esta semana coas dúas comportas a tope. No Boletín Hidrográfico da Demarcación Galicia-Costa é un dos cinco que o martes estaban ao 100 %. 

A media de ocupación das dezanove presas da demarcación supera o 90 %. Nove dedícanse ao abastecemento e dez ao uso hidroeléctrico ou industrial. 

A forza da auga deixa espectaculares imaxes que moita xente non quere perder. No 2017 por estas datas, as áreas de Vigo e da Coruña estaban en alerta por seca e os encoros presentaban unha imaxe ben diferente.

Este luns, día 13 de novembro, fai un mes que comezou a chover en Galicia logo das altas temperaturas de inicios do mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar