A Garda Civil detén en Bergondo os autores de dous delitos de furto en gasolineiras

As gravacións das cámaras permitiron identificar os autores, pero foi complicado detelos porque non tiñan domicilio coñecido

Conseguiran subtraer 3.000 euros en efectivo

G24.gal 15/11/2023 10:24

A Garda Civil detivo en Bergondo os autores de dous delitos de furto en estacións de servizo en Ordes. A parella estaba especializada neste tipo de roubos en que a muller accedía á tenda da estación para subtraer a recadación mentres o seu compañeiro botaba combustible e usaba distintos métodos para despistar os empregados.

As gravacións das cámaras permitiron identificar os autores, pero foi complicado detelos porque non tiñan domicilio coñecido. Contra eles figuraban varios requirimentos xudiciais que ordenaban a busca, detención e presentación ante distintos xulgados nacionais. Conseguiran subtraer 3.000 euros en efectivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade