A idade de xubilación ordinaria subirá ata os 66 anos e medio en 2024

Ata 2027, cada ano vaise atrasando dous meses a idade de xubilación

 

G24.gal 13/11/2023 14:54

Dende 2013 e ata 2027, cada ano alóngase un pouco a idade ordinaria de xubilación. Dende 2018 medra a razón de dous meses por ano, así que os que se xubilen en 2024 terán que ter traballado algo máis de tempo para acceder á pensión íntegra.

"Para 2024 vanche pedir, para poder xubilarte co cen por cento, 38 anos cotizados", explica Ramiro Vázquez, asesor laboral. "Se non os alcanzas, terías que esperar aos 66 anos e 6 meses para xubilarte", engade. 

E así ata 2027, cando para cobrar a pensión íntegra teremos que ter 38 anos e medio cotizados, ou traballar ata os 67. 

O que mellora é que, a partir deste ano, os que cotizaron a tempo parcial xa suman os días coma se fosen a xornada completa. "Esa vida laboral vaise incrementar como se traballaras a xornada completa", di Vázquez. Para el, ese cambio vai ser importante "sobre todo á hora de ver se poden alcanzar o cen por cento da pensión, ou máis anos cotizados para cobrar máis prestación".

E para as xubilacións anticipadas, tamén se suman dous meses. Sempre que haxa un contrato de remuda asociado, poderemos pedila aos 64 anos se temos máis de 33 cotizados, e aos 62 e medio se xa cotizamos máis de 36.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade