A industria forestal galega dá emprego directo a 25.000 persoas
A industria forestal galega dá emprego directo a 25.000 persoas
O sector facturou o pasado ano 2.700 millóns de euros
O principal problema é a falta de man de obra cualificada
Baixada na demanda a nivel mundial, escaseza de man de obra e aparición de novos competidores nos mercados. Son os retos que afronta a medio prazo a industria forestal galega. Aínda así, as empresas mantiveron o pasado ano a facturación, chegando a 2.700 millóns de euros. O sector mantén abertas liñas de colaboración coa Consellería do Medio Rural.
A industria forestal supón en Galicia 25.000 empregos directos e outros 50.000 indirectos. Nos montes hai suficiente madeira para afrontar o futuro pero especies como o piñeiro están a experimentar unha forte caída da demanda mentres que no eucalipto hai unha notable baixada de prezos con descensos de ata dez euos por tonelada. Toca, pois, planificar os vindeiros meses.
Outro dos aspectos nos que traballan específicamente as industrias é no da redución da sinistralidade laboral para o que desenvolven un programa de formación e prevención.