A Lavacolla bate a súa marca e supera en novembro os 3,28 millóns de viaxeiros

O ano pasado a viaxeira tres millóns chegara o 15 de decembro

O aeroporto de Santiago é vacacional; só o 19 % dos usuarios emprégano por traballo

 

G24.gal 08/12/2023 14:41

En novembro superáronse na Lavacolla os 3,28 millóns de viaxeiros que se acadaran no total de 2022. Unha marca á que se chega a pesar do recorte de voos sufrido en setembro pola terminal compostelá. Prevese que o aeroporto da capital de Galicia peche o ano cuns tres millóns e medio de viaxeiros. Agora empeza outra temporada alta, a do Nadal.

"Coincide ben para viaxar, contabamos con bastante xente", "colleunos de sorpresa", "vimos de Lugo e chegamos ben", din varios pasaxeiros.

Só o 19 por cento dos pasaxeiros se move cara ou dende Santiago por traballo. O aeroporto da Lavacolla Rosalía de Castro é eminentemente vacacional.

"Volvemos á casa", "Fixemos o Camiño e moi ben", "A Londres, que fago 50 anos", "Eliximos Londres polas datas e a decoración", "A Barcelona, porque o meu mozo está no exército e teño que ir eu velo", explican varias persoas que agardar coller un voo. 

Mirando cara ás festas por vir, varias compañías aumentaron a súa oferta de voos, reforzando especialmente as conexións con Suíza, con máis frecuencias a Zúric, Xenebra e Basilea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade