A metade dos puntos de recarga dos coches eléctricos non están operativos
A metade dos puntos de recarga dos coches eléctricos non están operativos
Dos 919 puntos de recarga que hai en Galicia, 405 non funcionan
Os expertos urxen a mellorar a Rede
España sitúase á cola dos países da Unión Europea en mobilidade eléctrica. As vendas aumentan, pero a un ritmo que aínda nos mantén moi lonxe dos obxectivos de descarbonización marcados por Bruxelas.
Tampouco avanza a infraestrutura necesaria para o funcionamento do vehículo eléctrico. Tan só está operativa o 26 por cento da rede de recarga estatal, no caso de Galicia existen algo máis de 900 puntos de recarga dos que máis da metade están fóra de servizo. Este precisamente é o principal motivo que limita a compra deste tipo de vehículos.
Fronte aos inconvenientes para recargar a batería, o coche eléctrico tamén goza dalgunhas vantaxes, entre elas as económicas.
Os usuarios denuncian que unha gran parte dos puntos de recarga públicos instalados non funcionan, maioría dos casos porque non se puideron conectar á rede de distribución eléctrica.