Buscan o condutor dun coche implicado no accidente dun motorista en Poio

O presunto causante marchou do lugar en que quedou tirado o motorista 

Imaxe da beirarrúa da rotonda de Poio onde caeu o motorista debido ao golpe dun coche este martes
G24.gal 15/11/2023 14:16

O accidente produciuse a pleno mediodía deste martes na glorieta da avenida Andurique de Poio, rodeada de actividade comercial e moi transitada.

Un motorista que circulaba polo carril exterior da rotonda acabou tirado co seu vehículo ao lado da cafetería. O causante, supostamente, foi un coche que, no cambio do carril interno ao de saída, bateu coa moto.

Toda a atención das persoas próximas centrouse no motorista, un home novo que tivo asistencia de urxencia no sitio, mentres o suposto causante seguiu o seu camiño.

A Policía Local de Poio anda a ver videogravacións dos arredores e pide a colaboración de quen poida achegar algún dato sobre o coche implicado no accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade