Comeza a campaña da centola en Galicia e os primeiros exemplares chegan ás lonxas
Comeza a campaña da centola en Galicia e os primeiros exemplares chegan ás lonxas
No Grove o quilo superou os 25 euros
Rematou a veda e as centolas volven ás lonxas en Galicia. No Grove, o primeiro miño vendeuse a algo máis de 25 euros o quilo, foi para un viveiro deste concello pontevedrés. Porén, o importante é que os prezos se manteñan ao longo da campaña xa que é a máis importante para os mariñeiros da Illa de Arousa, sobre todo despois de moitos días sen poder saír a traballar. As vendas, de xeito especial no Nadal, axúdanlles a compensar as perdas do ano.
Na lonxa explicáronnos que as centolas non son de gran tamaño pero si de calidade. Houbo moita expectación na primeira poxa. Moitos curiosos, pero sobre todo propietarios de restaurantes e viveiros que veñen mercalas. Moitos destes exemplares son degustados fóra de Galicia, en lugares coma Madrid.
Concidindo co inicio da campaña, O Grove acollerá ademais neste mes as xornadas de exaltación da centola para fomentar o turismo gastronómico con prezos especiais en hoteis e restaurantes.