Dispárase a venda de leña, alternativa que permite importantes aforros en calefacción

O aumento da demanda non disparou polo momento os prezos, que se sitúan entre 60 e 70 euros o metro cúbico

Os prezos da leña mantéñense malia o aumento da demanda
G24.gal 20/11/2023 14:30

O frío chama xa ás nosas portas e os menos previsores apuran estes días a compra de leña para as súas estufas. A venda de leña dispárase tamén porque o encarecemento da luz, o gas ou o gasóleo fai que moitos opten por este tipo de estufas para aforrar.

O aumento da demanda non disparou polo momento os prezos: entre 60 e 70 euros o metro cúbico. O importante é saber escoller ben que madeira levamos para a casa. Din que coa inflación queremos gastar menos en todo, tamén en calefacción. De feito, algúns clientes están a pedir menos leña ca en anos anteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade