Os veciños de Nigrán votan entre o dobre sentido ou a dirección única dunha rúa

Os veciños estaban moi divididos e o alcalde decidiu que tomasen a decisión eles

G24.gal 23/11/2023 13:49

68 electores, todos os  maiores de 18 anos empadroados no Camiño Bouzavella de Panxón estaban citados hoxe a un referendo para decidir se a súa rúa é de dobre sentido ou de dirección única.

Os veciños estaban moi divididos e o alcalde decidiu que tomasen a decisión eles. Uns priorizan non dar voltas co coche e outros consideran que a vía é moi estreita nalgúns puntos para dous vehículos. A maioría deles considera que non se debería aparcar no camiño.

É a segunda vez que o Concello de Nigrán sonda a opinión dos veciños para tomar unha decisión. O ano pasado preguntou sobre o horario en que podían acceder os cans á praia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade