Falece un home cando manexaba un tractor agrícola en Cerdedo-Cotobade

A causa máis probable é que o tractorista sufrise unha indisposición, algo que determinará a autopsia

Imaxe de arquivo doutro accidente de tractor Imaxe de arquivo doutro accidente de tractor
G24.gal 09/11/2023 23:52

Un home faleceu cando manexaba un tractor agrícola no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, segundo informou o 112 Galicia nas súas redes sociais.

O tractorista estaba a manexar o vehículo agrícola, de pequenas dimensións, cando sufriu o accidente. 

Aínda que Emerxencias informou dun accidente, fontes consultadas por EFE explicaron que a causa máis probable é que o tractorista sufrise unha indisposición, algo que determinará a autopsia.

O suceso produciuse en Rebordedo, e o home, duns corenta anos, apareceu á beira do motocultor, que tiña remolque e non estaba envorcado.

O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e membros de Protección civil de Cerdedo-Cotobade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade