Falece un home de 88 anos nun regueiro no Barco de Valdeorras

Foi o fillo da vítima o que localizou o corpo

As primeiras investigacións apuntan a unha caída fortuíta mentres buscaba castañas

G24.gal 31/10/2023 19:47 Última actualización 31/10/2023 21:09

Un home de 88 anos, veciño de Vilariño, foi atopado sen vida este martes nun regueiro na parroquia de Santigoso, no Barco de Valdeorras. Foi o fillo da vítima o que localizou o corpo e alertou as emerxencias. 

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, os bombeiros, a Garda Civil e a Policía Local pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. 

O corpo presentaba un golpe na cabeza e a Garda Civil apunta a unha caída fortuíta mentres o home buscaba castañas. Con todo haberá que agardar aos resultados da autopsia para confirmar o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade