O Día Galego sen Tabaco sensibiliza neste 31 de outubro sobre os riscos de fumar ou 'vapear'
O Día Galego sen Tabaco sensibiliza neste 31 de outubro sobre os riscos de fumar ou 'vapear'
En Galicia hai 3.000 mortes ao ano por culpa do tabaco e máis da metade das enfermidades respiratorias están asociadas ao seu consumo
Desde hoxe, cada 31 de outubro vaise celebrar o Día Galego sen Tabaco. Unha data para sensibilizar dos riscos de fumar ou vapear. En Galicia hai 3.000 mortes ao ano por culpa do tabaco e máis da metade das enfermidades respiratorias están asociadas ao seu consumo.
O obxectivo é, segundo explicou o responsable da Unidade de Tabaquismo do CHUS, Carlos Rábade "evitar que os adolescentes fumen ou vapeen, que usen cigarros electrónicos. E animar a todos os fumadores a que intenten deixalo. Se xa o intentaron e non o conseguiron que non perdan a esperanza. E se tes a axuda dun profesional e tratamentos farmacolóxico pois as posibilidades aumentarán moito máis".