O Parlamento Europeo propón unificar as medidas da equipaxe de man nos avións

O obxectivo da norma é que as maletas de cabina sexan gratuítas en todas as compañías

G24.gal 07/11/2023 17:03

A equipaxe de man considérase indispensable e, polo tanto, está incluída no prezo da pasaxe. Así o establece a lei de navegación aérea. A norma non especifica medidas concretas, así que cada aeroliña pon os límites que considera.

A maioría de pasaxeiros consideran abusivo e molesto que cada compañía estableza uns límites distintos.

O Parlamento comunitario quere poñer fin a esta práctica, propoñendo que se regule un tamaño estándar de maleta que sexa gratuíto en todas as compañías.

A medida non é definitiva. Agora cómpre agardar o visto e prace do Consello Europeo, que fixaría a data de entrada en vigor da nova norma. Mentres, tocará seguir medindo as maletas nos corredores do aeroporto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade