O radar que máis multa de Galicia atópase na A-55, no seu paso por Tameiga
O radar que máis multa de Galicia atópase na A-55, no seu paso por Tameiga
Só o ano pasado se impuxeron máis de 42.000 sancións por exceso de velocidade
Un terzo dos seus 31 quilómetros están sinalizados como puntos moi perigosos
Este é o radar que máis multa de Galicia e o oitavo máis sancionador de España. Está no punto quilométrico número 9, no seu paso pola parroquia de Tameiga, en Mos, na A-55, que moitos condutores e condutoras utilizan para desprazarse entre Vigo e outros concellos da provincia de Pontevedra. A velocidade está limitada a 60 quilómetros por hora.
Son consciente diso, por sorte ou por desgracia.
Poño o regulador á velocidade de 60 e non queda máis remedio.
Só o pasado ano impuxo, neste punto quilométrico 9,19, máis de 42.000 sancións por exceso de velocidade, nunha autovía limitada a 60 quilómetros por hora e coñecida polas curvas de Tameiga.
Non se tería que considerar autovía, porque non hai espazo, as curvas son moi pechadas.
A colocación deste radar fixo, hai oito anos, tiña unha dobre intención: limitar a velocidade e reducir a sinistralidade dun punto negro da rede viaria.
É complicado, eu son transportista, e ir a máis de 60 nun turismo por aquí abaixo é complicado, e a xente baixa igual.
Só nestas curvas de Tameiga se sucederon no que vai de ano e ata outubro preto de 80 sinistros. Algúns dos motivos, segundo explica Pedro Fernández, dos GES de Mos, son os seguintes:
Nos tramos de radar que hai, a xente adoita frear e hai bastante colisión por alcance, e hai bastantes curvas perigosas. Depende tamén das inclemencias meteorolóxicas.
Un terzo dos seus 31 quilómetros están sinalados como puntos moi perigosos.
O problema non é o exceso de velocidade, senón o trazado e a falta de mantemento.
Esta autovía é a alternativa máis utilizada para desprazarse entre Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra. A outra alternativa é a autoestrada de pago AP-9.