O sector do mar esíxelle ao Goberno que retire o recurso á lei do litoral
O sector do mar esíxelle ao Goberno que retire o recurso á lei do litoral
O conselleiro do Mar di que "tachar de inconstitucional" a lei do litoral "é un insulto aos galegos"
Alfonso Villares considera que Galicia recibe un trato discriminatorio respecto a Euskadi
Coa lei do litoral paralizada durante polo menos cinco meses, ata que o Tribunal Constitucional tome unha decisión sobre o recurso presentado polo Goberno central, o sector do mar-industria defende a norma galega. Advirte dos riscos que lle ve á súa suspensión.
"A suspensión da lei supón a paralización das concesións no litoral e dos sistemas de depuración de augas, o que pon en risco a viabilidade de catro mil edificacións e centos de empresas", di Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo.
A Xunta prepara a resposta xurídica ao recurso de inconstitucionalidade da lei concibida para a xestión da primeira liña da costa. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, considera que Galicia recibe un trato agraviante por parte do Goberno central.
"Dicir que é inconstitucional esta lei é un insulto para os galegos cando estes días se fala de facer o mesmo co País Vasco e non pasa nada, e cando se fala de amnistía e non pasa nada", defende o conselleiro.
Asegura Villares que a Xunta defenderá a norma tal e como foi aprobada polo Parlamento galego.